TFG
O Traballo Fin de Grao (TFG) forma parte dos plans de estudos dos Graos que se imparten na FCETOU. Consiste na realización dun traballo orixinal e inédito por parte do alumnado que deberá facer de xeito persoal e autónomo, seguindo as orientacións dun titor ou titora académico.
A oferta de temas e os trámites para a asignación do TFG realízase nos prazos correspondentes. Os estudantes poderán desenvolver o TFG entre os temas ofrecidos polo profesorado (anexo II). Tamén poden propoñer un tema, neste caso deben contactar cun profesor e contar co seu visto e prace para que actúe como titor/a (cubrir o o Anexo I). Ambos anexos se presentarán en Secretaría de Decanato.
Existe a posibilidade de realizar o TFG no marco dun convenio con empresas ou dentro dos programas de intercambio que ten subscritos a FCETOU con outras universidades estranxeiras.
Unha vez rematado o TFG, e co visto e prace do seu respectivo titor ou titora académico, o alumno ou alumna solicitará a presentación e a avaliación do TFG a través da plataforma habilitada na Secretaría Virtual da Universidade de Vigo. O sistema xera un xustificante que deberá entregarse na Secretaría de Alumnado acompañado de:
- Un exemplar impreso en papel encadernado do TFG (ver as Normas de estilo do TFG do Anexo IV).
- Unha copia dixital en CD coa seguinte identificación na cartela da caixa: autor, título, titor ou titora, data e Grao correspondente (hai dispoñible unha matriz carátula). Tamén haberá que subir o documento á plataforma electrónica da Universidade de Vigo.
INFORMACIÓN:
- Obradoiro para preparación do TFG (22-23 Novembro de 2018, Aula Magna)
- Datas Relevantes Curso 2018-2019
- Proposta de temas TFG 2018-2019
- Anexo I. Proposta Alumn@
- Anexo II. Adscrición a Tema Titor/a
- Normas de estilo do Traballo Fin de Grao
- Regulamento do TFG FCETOU
- Matriz-carátula del CD a presentar ADE
- Matriz-carátula del CD a presentar Turismo
- Instrucións para a defensa do TFG 2018-2019
- Tribunales TFG 18-19
Convocatoria do VI Premio de Investigación. FCETOU - Colexio Economistas Ourense, nota mínima: 9 en TFG curso 2017-2018, prazo solicitudes ata o 11 de Outubro
Bases da convocatoria
PREMIOS DE INVESTIGACIÓN
Colexio de Economistas de Ourense - Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense
Poderá participar o alumnado da FCETOU que presentou o Traballo Fin de Grado no curso anterior e que obteña unha cualificación mínima de 9 sobre 10.
Ganadores
VI Edición (2018)
- Premio D. Roberto Graña Álvarez (ADE): La distribución de la renta en España durante el siglo XXI. Un estudio comparado.
- Premio Dña. Sara Lusquiños Hermida (Turismo): Turismo Científico: Os Recursos Naturais Científicos na Provincia de Ourense.
- Accésit Dña. Anabel Manso Santos (ADE): Estudio de la relación entre coste de producción, precio de venta y calidad percibida del vino.
- Accésit Dña. María López García (ADE): Análisis de la presencia de la mujer en los Consejos de Administración de las empresas familiares.
- Accésit Dña. Yesica Pallas Cancela (Turismo): Accesibilidade nos recursos turísticos de Ourense.
V Edición (2017)
- D. Iván Míguez Álvarez (ADE): prezo vivenda.
- Premio Dña. Andrea García González (Turismo): Capital Intelectual.
- Accésit Dña. Estefanía Hermida Hermida (ADE): control gestión.
- Accésit Dña. Mª Teresa Cid Morales (ADE): colusión.
- Accésit Dña. Sofía Díaz Caride (Turismo): marca "Q".
IV Edición (2016)
- Premio D. Pablo López Rodríguez (ADE): quiniela gallega.
- Accésit D. Alejandro Rodríguez Díaz (ADE): RSC y Performance.
- Accésit D. Andrés López Fernández (ADE): Teoría de Colas.
III Edición (2015)
- Premio Dª Silvia Fernández Vila (Turismo): Centros de Interpretación.
- Accésit Dª Raquel Rodríguez Viéitez (Turismo): geoturismo.
- Accésit D. John Leyton Velásquez (ADE): Auditoría.
II Edición (2014)
- Premio Dª Alba Rodríguez Rosales (ADE): estilos de liderazgo.
- Accésit Dª Amara Gallego García (Turismo): sostenibilidad.
- Accésit D. Miguel Ángel González Faílde (ADE): automóvil.
I Edición (2013)
- Premio Dª Mercedes Seoane Álvarez (ADE): solvencia.
- Accésit Dª Leticia Fernández Rivero (Turismo): imagen destinos.
- Accésit D. Gabriel Alonso Martínez (ADE): capital intelectual.