Inicio > Quen somos

Quen somos

Somos un centro novo e dinámico pertencente á Universidade de Vigo situado no campus de Ourense. Un campus urbano na cidade de Ourense.

A nosa misión é desenvolver o coñecemento e educar persoas creativas. Queremos promover a alta calidade, o rigor e a investigación aplicada, educar individuos innovadores e darlles os instrumentos e perspectivas útiles para o avance social e económico das organizacións en que participen. Ambicionamos contribuír ao desenvolvemento do territorio no que nos inserimos e formar a profesionais para o mundo.

A Universidade de Vigo, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que un/ha estudante poida cursar de forma simultánea os estudos de Grao en Xeografía e Historia e Grao en Turismo no Campus de Ourense, mediante a proposta dun programa conxunto elaborado polas facultades de Historia e de Ciencias Empresariais e Turismo sobre os plans de estudos oficiais.

A simultaneidade (programa conxunto) do Grao en Turismo e do Grao en Xeografía e Historia regularanse, como todos os plans conxuntos da Universidade de Vigo pola Normativa de Programa Conxunto de Estudos Oficiais de Grao na Universidade de Vigo (aprobada no Consello de Goberno de 23 de Xuño de 2015 e modificada no Consello de Goberno de 12 de febreiro de 2016).

No obstante, a normativa xeral esixe en cada caso a concreción e o desenvolvemento de algúns aspectos por parte dos Centros que colaboran na impartición do programa. A seguinte normativa, respectando escrupulosamente os contidos da xeral, supón unha concreción e desenvolvemento dos contidos daquela:

Normativa do Programa Conxunto Turismo-Xeografía e Historia

Estes son os principais fitos da historia da nosa Facultade:

  • Curso 1986-1987. Comeza a funcionar a Escola de Estudos Empresariais, impartíndose a Diplomatura de Ciencias Empresariais no Edificio do Antigo Hospital do Campus Universitario de Ourense.
  • Curso 2000-2001. Tras a concesión do segundo ciclo da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas, créase a Facultade de Ciencias Empresariais, emprazándose esta no Edificio Xurídico- Empresarial situado na parte nova do Campus Universitario.
  • Curso 2003-2004. Comeza a impartirse a Diplomatura de Turismo e cámbiase o nome do centro a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
  • Curso 2007-2008. Comeza na Facultade o proceso de implantación de novas titulacións de Grao, Posgrao e Doutoramento xa integradas no Espazo Europeo de Educación Superior. Ponse en marcha o Mestrado Interuniversitario en Dirección e Planificación de Turismo, que dous anos máis tarde se integra no Programa de Doutoramento en Dirección e Planificación do Turismo.
  • Curso 2008-2009. Comeza a impartirse o Mestrado Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa.
  • Curso 2009-2010. Implántanse os graos en Administración e Dirección de Empresas e en Turismo.
  • Curso 2011-2012. Comeza a impartirse o Mestrado Universitario en Xestión Empresarial do Deporte, e o Mestrado en Dirección e Planificación do Turismo pasa a ser Mestrado en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde.
  • Curso 2013-2014. Implántase o Programa Conxunto de Estudos de Administración e Dirección de Empresas e Enxeñaría Informática (ADE - EI).
  • Curso 2014-2015. Implántase o Programa Conxunto de Estudos de Administración e Dirección de Empresas e Dereito (ADE - DER). Implántase a docencia en inglés en ADE.
  • Curso 2015-2016. Asínase o acordo insitucional con Hochschule Bremerhaven (Alemaña) segundo o cal os estudantes de ADE da Facultade poderán obter o Dobre Grao Internacional en ADE (España) & Bachelor of Arts in Business Administration (Alemaña).
  • Curso 2016-2017. Comeza a impartirse a docencia en inglés no Grao de Turismo.
Inicio > Quen somos

Este sitio web utiliza cookies, propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

Acepto