Inicio > Programa Conxunto Turismo e Xeografía e Historia

Programa Conxunto Turismo - Xeografía e Historia

A Universidade de Vigo, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que un/ha estudante poida cursar de forma simultánea os estudos de Grao en Xeografía e Historia e Grao en Turismo no Campus de Ourense, mediante a proposta dun programa conxunto elaborado polas facultades de Historia e de Ciencias Empresariais e Turismo sobre os plans de estudos oficiais.

A simultaneidade (programa conxunto) do Grao en Turismo e do Grao en Xeografía e Historia regularanse, como todos os plans conxuntos da Universidade de Vigo pola Normativa de Programa Conxunto de Estudos Oficiais de Grao na Universidade de Vigo(aprobada no Consello de Goberno de 23 de Xuño de 2015 e modificada no Consello de Goberno de 12 de febreiro de 2016).

Non entanto, a normativa xeral esixe en cada caso a concreción e o desenvolvemento de algúns aspectos por parte dos Centros que colaboran na impartición do programa. A seguinte normativa, respectando escrupulosamente os contidos da xeral, supón unha concreción e desenvolvemento dos contidos daquela:

Normativa do Programa Conxunto Turismo-Xeografía e Historia

 

Inicio > Programa Conxunto Turismo e Xeografía e Historia

Este sitio web utiliza cookies, propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

Acepto