Inicio > Programa Conxunto Administración e Dirección de Empresas + Enxeñaría Informática

Programa Conxunto Administración e Dirección de Empresas + Enxeñaría Informática

A configuración dos novos Graos universitarios que contan cunha menor duración e cunha estrutura académica máis flexible que as vellas Licenciaturas, facilitan o que ata non hai moito tempo era practicamente impensable: que un estudante poida simultanear estudos de dúas carreiras e conseguir ambos títulos en apenas seis anos, contando cun profundo coñecemento tanto de Administración de Dirección de Empresas (ADE) coma de Enxeñaría Informática (EI).

Esta formación combinada responde a una demanda moi concreta do tecido empresarial actual, que busca profesionais que saiban desenvolverse simultaneamente entre as decisións empresariais e as decisións relacionadas cos investimentos e o seu desenvolvemento no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación. E por iso que a confluencia nunha mesma persoa de coñecementos relacionados coa xestión de empresas coas técnicas das tecnoloxías da información resulta moi atractivo para as organizacións. Isto débese a que hoxe máis que nunca as novas tecnoloxías están marcando a capacidade de innovación nas empresas, xerando novos modelos de negocio e de competencia.

Así, á vista da gran demanda existente e tendo como obxectivo principal o de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, as Facultades de Ciencias Empresariais e Turismo e a Escola Superior de Enxeñería Informática fan posible que un estudante poida cursar de forma simultánea os estudos de Grao de Administración de Empresas e Grao en Enxeñería Informática no campus de Ourense, podendo, coa ilusión, o esforzo e o bo facer dos propios estudantes así coma do persoal docente, acadar a formación necesaria e os títulos que o acreditan en tan só 12 cuadrimestres.

 

INTERESE FORMATIVO

 O dobre grao en Administración e Dirección de Empresas e Enxeñería Informática permite multiplicar as posibilidades laborais dos estudantes ao ser capaces de enfrontarse de maneira resolutiva aos retos que se lles presentan ás empresas e as organizacións na "sociedade da información".

Os estudantes, por unha parte poderán converterse en expertos nas metodoloxías e tecnoloxías de desenvolvemento de software, contando cunha visión global do sector e coas competencias necesarias para deseñar, xestionar e integrar sistemas de información; aplicacións e redes en empresas ou produtos de software de calidade. Así mesmo, terán as competencias profesionais necesarias para integrar e potenciar o uso das TIC na xestión empresarial. Pola outra banda, o alumnado aprenderá a planificar, organizar, dirixir e pór en marcha proxectos empresariais, xestionando os recursos (humanos, financeiros, e tecnolóxicos) con eficiencia económica..

Así, esta dobre visión permitiralles realizar unha óptima xestión dos recursos e ser un dos perfís máis demandados polas empresas.

 

POR QUE LEVAR A CABO UN DOBRE GRAO?

A realización deste dobre grao permiteque en tan só seis anos, un estudante poida obter dous títulos oficiais: un de Graduado en Administración e Dirección de Empresas e outro de Graduado en Enxeñería Informática.

Con esta dobre titulación os estudantes contarán cunha formación versátil que favorecerá a súa inserción no mercado laboral grazas á adquisición de coñecementos que lles permitirán levar a cabo labores tanto no eido empresarial como no da informática; ou en postos nos que a combinación de ámbolos dous campos é especialmente necesaria e valorada.

 

OBXECTIVO

O obxectivo deste grao e formar profesionais capaces de optimizar os procesos empresariais a través das tecnoloxías da información; coñecedores das diferentes áreas empresariais, da súa xestión e da interrelación existente entre elas; que dominen a xestión e explotación de sistemas de información; e que sexan capaces de comprender, aplicar e extraer o potencial das TICs.

 

A QUEN SE DIRIXE

O dobre grao ADE – Enxeñería Informática atopase orientado a persoas que teñan una especial sensibilidade polo desenvolvemento empresarial e a iniciativa privada para crear e liderar negocios que sexan capaces de xerar riqueza e emprego. Así mesmo, os futuros estudantes deberán de contar con capacidade analítica e de razoamento; ser persoas organizadas e perseverantes no estudo; que lles guste investigar e resolver problemas; e que se sintan atraídos polas novas tecnoloxías enfocadas cara ao desenvolvemento de proxectos empresariais.

Así, este dobre grao está pensado para persoas con inquedanzas tanto no ámbito empresarial coma no da informática.

 

SAÍDAS LABORAIS

As saídas profesionais que ofrece a simultaneidade ADE – EI son múltiples xa que ambas titulacións forman un amplo abanico de posibilidades laborais. Os estudantes poderán orientar a súa carreira profesional tanto cara ao ámbito empresarial como ao da enxeñaría informática, así como a aqueles postos nos que a combinación de competencias dos dous campos é especialmente necesaria e valorada. Entre as principais e máis habituais saídas profesionais de estas titulacións destacan: a auditoría, a consultoría, as finanzas, o marketing, a banca ou os servizos financeiros, a creación de empresas, o deseño e desenvolvemento de software, o desenvolvemento de políticas e tecnoloxías de seguridade nas redes e nos sistemas de información, a xestión de redes de comunicación, a dirección de proxectos...

 

ONDE SE ESTUDA

O Programa Conxunto de Estudos de Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Enxeñaría Informática estúdase no campus universitario de Ourense.

 

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Campus Universitario Sur

32004 - Ourense

Universidade de Vigo (Galicia - España)

Teléfono: +34 988 36 87 00

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina web: http://www.fcetou.uvigo.es

 

Escola Superior de Enxeñería Informática

Campus Universitario de Ourense - Edificio Politécnico

32004 - Ourense

Universidade de Vigo (Galicia - España)

Teléfono: +34 988 38 70 00

Fax: +34 988 38 70 01

E-mail:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina web: http://www.esei.uvigo.es/

 

Inicio > Programa Conxunto Administración e Dirección de Empresas + Enxeñaría Informática

Este sitio web utiliza cookies, propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

Acepto