Inicio > Novidades > Novidades > Prácticas Transfronteirizas proxecto EURES Galicia – Norte de Portugal, 2017/18
23 Maio 2018

Prácticas Transfronteirizas proxecto EURES Galicia – Norte de Portugal, 2017/18

A Área de Emprego e Emprendemento informa que:

O día 16 de maio de 2018 publicouse a convocatoria de 10 bolsas de axuda á mobilidade transfronteiriza para o alumnado da Universidade de Vigo no marco do Eures Transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal.

Esta convocatoria enmárcase dentro do plan de actividades 2018 da Universidade de Vigo no marco do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal co obxectivo de fomentar a mobilidade transfronteiriza dos seus estudantes e ofrecerlles formación en interculturalidade.

 

O programa consiste en:

Unha axuda económica de 400€/mes durante os meses de xullo e agosto para a realización de prácticas académicas externas extracurriculares en empresas e entidades ubicadas no norte de Portugal que solicitaran a súa adhesión ao programa.

Un obradoiro sobre interculturalidade de 12 horas de duración a desenvolver entre 27 e o 29 de xuño.

 

Prazo de solicitudes aberto até o 31 de maio de 2018.

 

Convocatoria

Máis información

Formulario de inscrición

 

Inicio > Novidades > Novidades > Prácticas Transfronteirizas proxecto EURES Galicia – Norte de Portugal, 2017/18

Este sitio web utiliza cookies, propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

Acepto