Inicio > Dobre Grao Internacional en ADE (España) & Business Administration (Alemania)

Dobre Grao Internacional en ADE (España) & Bachelor of Arts in Business Administration (Alemaña)

FACULTADE DE CIENCIAS EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE (ESPAÑA) - HOCHSCHULE BREMERHAVEN (ALEMAÑA)

 

A PONTE QUE CHE TRANSPORTARÁ CARA A NOVAS OPCIÓNS DE FUTURO

Ser internacional significa ampliar horizontes por iso a Hochschule Bremerhaven, Universidade de Ciencias Aplicadas de Alemaña, e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense asinaron un acordo de cooperación inter-institucional segundo o cal os estudantes de Administración e Dirección de Empresas da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense poderán obter dúas titulacións: Bachelor of Arts in Business Administration pola Hochschule Bremerhaveny Graduado/a en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo.

En qué consiste unha dobre titulación?

Trátase dun acordo entre universidades co obxectivo de que os estudantes de ambas institucións, tras un período de intercambio, poidan obter o título académico oficial impartido por ambas institucións. Os alumnos terán a oportunidade de vivir unha experiencia internacional imprescindible para unha contorna profesional cada vez máis global.

A quén vai dirixido e cando se solicita?

Os alumnos teñen que solicitalo mentres están cursando terceiro de ADE na Fcetou, unha vez salga a convocatoria Erasmus + que é aproximadamente en Xaneiro. En caso de renunciar á beca a data límite para presentar a solicitude en ambas institucións é o 31 de maio, e os alumnos serán notificados a través de cartas de aceptación antes do 1 de xullo.

Cales son os requisitos académicos previos?

Para participar no programa de dobre titulación, os estudantes da Universidade de Vigo deberán de ter superados os tres primeiros cursos do grado en ADE. En créditos ECTS equivale a un total de 180 créditos. Ademais, os alumnos deberán de ter un nivel adecuado tanto de inglés como de alemán. Ambas institucións facilitarán que os estudantes alcancen os niveis requiridos a través de clases de apoio antes e durante o intercambio.

Cales son os criterios de selección?

Os estudantes serán seleccionados e admitidos no programa de dobre titulación en base aos seus resultados académicos, a súa motivación e as súas destrezas lingüísticas. Este proceso de selección levarase a cabo en colaboración entre as dúas institucións.

Cal é o idioma empregado nas distintas materias?

As materias para os alumnos da dobre titulación serán impartidas en inglés.

Cales son os meus dereitos e obrigacións?

  • O período de estudo a tempo completo non deberá de exceder de dous semestres (1 año).
  • A Hochschule Bremerhaven prestará asistencia na procura de aloxamento, e axudará aos estudantes para que se integren na vida social e cultural da mesma.
  • Os alumnos da dobre titulación estarán suxeitos as normas e reglamentos da Hochschule Bremerhaven, e terán os mesmos dereitos e privilexios dos que gozan os demais estudantes matriculados na mesma.
  • Os alumnos poderán levar a cabo prácticas dentro do período de intercambio do estudo.
  • Os estudantes poderán participar en programas de intercambio para e durante a súa estancia na  Hochschule Bremerhaven.
  • Os estudantes terán dereito a participar en calquera programa de introdución deseñado para estudantes estranxeiros.
  • Os gastos da matrícula dos estudantes serán abonados na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, pagando únicamente na Hochschule Bremerhaven as taxas administrativas.
  • Ao final do período de estudo a Hochschule Bremerhaven emitirá unha certificación académica na que consten os cursos realizados con éxito.

Que deberán de incluír as solicitudes?

Os estudantes deberán de incluír unha copia do seguro de saúde que abarque o período de estancia na Hochschule Bremerhaven, o pasaporte ou DNI, un escrito da universidade de orixe no que se indique ser seleccionado para este programa, o currículum vitae, un certificado de cualificacións no que consten os cursos e as notas e o formulario de solicitude para levar a cabo a dobre titulación entre a Facultade de Ciencias empresariais e Turismo e a HS-Bremerhaven debidamente asinado e selado pola Universidade de Vigo.

Con quen debo de contactar en caso de dúbidas?

En caso de dúbidas, as persoas responsables tanto dos aspectos académicos como de coordinación do programa de dobre titulación internacional son:

Elena De Prada Creo
Vicedecana de Relacións Internacionais na FCETOU
Dirección postal: Campus Universitario de Ourense. As Lagoas s/n. 32004 Ourense
Teléfono: 988368726 – 622283015
Fax: 988368923
Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Gerhard M. Feldmeier
Konrektor – Vicerrector en la Hochschule Bremerhaven – University of Applied Sciences
Dirección postal: An der Karlstadt 8, 27568 Bremerhaven – Germany
Teléfono de contacto: 00 49 471 4823 137
Fax: 00 49 471 4823 159
Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
 
 
 
Inicio > Dobre Grao Internacional en ADE (España) & Business Administration (Alemania)

Este sitio web utiliza cookies, propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

Acepto