Inicio > Traballo Fin de Grao

TFG

O Traballo Fin de Grao (TFG) forma parte dos plans de estudos dos Graos que se imparten na FCETOU. Consiste na realización dun traballo orixinal e inédito por parte do alumnado que deberá facer de xeito persoal e autónomo, seguindo as orientacións dun titor ou titora académico.

A oferta de temas e os trámites para a asignación do TFG realízase nos prazos correspondentes. Os estudantes poderán desenvolver o TFG entre os temas ofrecidos polo profesorado (anexo II). Tamén poden propoñer un tema, neste caso deben contactar cun profesor e contar co seu visto e prace para que actúe como titor/a (cubrir o o Anexo I). Ambos anexos se presentarán en Secretaría de Decanato.

Existe a posibilidade de realizar o TFG no marco dun convenio con empresas ou dentro dos programas de intercambio que ten subscritos a FCETOU con outras universidades estranxeiras.

Unha vez rematado o TFG, e co visto e prace do seu respectivo titor ou titora académico, o alumno ou alumna solicitará a presentación e a avaliación do TFG a través da plataforma habilitada na Secretaría Virtual da Universidade de Vigo. O sistema xera un xustificante que deberá entregarse na Secretaría de Alumnado acompañado de:

  • Un exemplar impreso en papel encadernado do TFG (ver as Normas de estilo do TFG do Anexo IV).
  • Unha copia dixital en CD coa seguinte identificación na cartela da caixa: autor, título, titor ou titora, data e Grao correspondente (hai dispoñible unha matriz carátula). Tamén haberá que subir o documento á plataforma electrónica da Universidade de Vigo.

Convocatoria do V Premio de Investigación. FCETOU - Colexio Economistas Ourense, nota mínima: 9 en TFG curso 2016-2017, prazo solicitudes ata o 9 de Outubro

Bases da convocatoria

 

PREMIO DE INVESTIGACIÓN

Colexio de Economistas de Ourense - Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense

Poderá participar o alumnado da FCETOU que presentou o Traballo Fin de Grado no curso anterior e que obteña unha cualificación mínima de 9 sobre 10.

Ganadores

I Edición (2013)

II Edición (2014)

III Edición (2015)

IV Edición (2016)

 
Inicio > Traballo Fin de Grao

Este sitio web utiliza cookies, propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

Acepto