Home > Servizos e instalacións

Servizos e instalacións

Coñece todos os nosos servizos e instalacións a través desta páxina.

 

1 SERVIZOS NA FACULTADE

1.1 ADMINISTRACIÓN

Os servizos de administración están situados no andar 0. Resolveranche todas as cuestións relativas á matrícula e á xestión do teu expediente. O horario é de 8:30 a 14:30, excepto xullo e agosto que é de 9:00 a 14:00.

Lembrámosche neste punto que se es alumno de nova matriculación e procedes dun Ciclo de Formación Profesional, no momento que entregues o xustificante da matrícula podes solicitar o recoñecemento dos teus estudos, de acordo ao convenio existente entre a Consellería de Educación e a Universidade de Vigo, no que se establecen as materias a recoñecer.

1.2 CONSERXERÍA

Está situada na planta 0. O horario é de 8:30 a 22:00. Informaranche sobre diversas cuestións: situación de aulas, horarios, despachos de profesores, reserva de espazos ou medios, etc.

1.3 SALA DE LECTURA

No primeiro andar está a sala de lectura, de libre acceso e aberta das 9:00 ás 21:00.

1.4 SALA DE ORDENADORES

A facultade conta cunha sala de ordenadores de libre acceso situada no andar 1º, con horario de 9:00 a 21:00. Accédese a través da sala de lectura.

Nela poderás utilizar un ordenador para facer traballos, realizar consultas, etc. Tamén poderás imprimir traballos. Na sala hai un bolseiro ou bolseira responsable do correcto funcionamento dos equipos. Ante calquera dúbida ou problema diríxete ao bolseiro ou bolseira.

As normas de uso da sala e as condicións de impresión podes consultalas na web:

Normas de uso da sala e condicións de impresión

1.5 SERVIZO DE EMPRÉSTIMO DE PORTÁTILES AO ALUMNADO

O alumnado desta facultade pode levar en empréstito un computador portátil durante un día. Para solicitalo deberás acudir a conserxería. A normativa e réxime de funcionamento deste servizo poden ser consultados en:

Normativa e réxime de funcionamento empréstimo de computador portátil

1.6 DELEGACIÓN DE ALUMNOS

A delegación de alumnos está situada na planta 0, ao lado do Decanato. Está integrada por estudantes da facultade representantes do alumnado na Xunta de Centro e nas diferentes Comisións de traballo. Encárganse tamén de recoller suxestións dos compañeiros e compañeiras, de recompilar apuntamentos, exames, exercicios, etc., e organizar festas e eventos culturais. Se che apetece colaborar, serás benvido.

1.7 FOTOCOPIADORA

No vestíbulo da facultade hai unha fotocopiadora con sistema prepago. As tarxetas pódense adquirir na biblioteca do campus.

1.8 CAFETARÍA

A cafetaría está situada no andar 0. O horario é de 8:30 a 20:30 e presta servizo de comedor entre as 13:00 e as 16:00.

1.9 CORREO ELECTRÓNICO

Por ser alumna/o da Universidade de Vigo podes ter unha conta de correo electrónico, totalmente gratuíta. E conveniente que uses esta conta para as túas actividades académicas. Para obtela sigue as instrucións que atoparás no seguinte enderezo: Correo UVigo

1.10 ACCESO SEN FÍOS A INTERNET (WIFI)

A Universidade de Vigo ten implantada unha rede sen fíos que se estende a todos os centros de todos os campus.

A rede está preparada para o estándar 801.11b (11 Mbps), 802.11g (54 Mbps) e 802.11N (nalgúns sitios), polo que funcionarán todos os tipos de tarxetas.

O método de acceso é mediante o mesmo usuario e contrasinal que a conta de correo. Para acceder hai que facer o seguinte:

1) En Windows, cando visualizamos as redes dispoñibles nas “Propiedades de Red Inalámbrica”, debe aparecer unha identificada con SSID de “alumnos”.

2) Nas propiedades TCP/IP da rede deberá figurar a obtención da IP automática

3) Unha vez que esteamos conectados á rede, en canto abramos calquera páxina web solicitaranos un usuario e un contrasinal.

4) No usuario introduciremos a nosa conta de correo (incluíndo @alumnos.uvigo.es) e tamén meteremos o noso contrasinal. Se os datos son correctos xa teremos acceso á rede wifi e poderemos navegar correctamente pola web e utilizar o noso xestor de correo electrónico habitual (por exemplo MS Outlook ou Mozilla Thunderbird).

Máis información

1.11 SEGURO ESCOLAR

O seguro escolar es de 1,12 € para el curso 2014/15, aboándoo no momento da realización da matrícula.

 

2 INFORMACIÓN DA FACULTADE

2.1 AS NOSAS WEBS E REDES SOCIAIS

A través da páxina web da facultade, podes acceder a toda a información relativa á mesma (horarios, exames, cursos, estudos, etc.). Informamos acerca de todas as novas que vaian acontecendo (avisos, conferencias, cursos, etc.) a través do apartado “últimas Novas” da nosa web.

A información específica de cada materia (apuntamentos, exercicios, notas, etc.) poderás obtela desde a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, (FaiTic).

Para ter unha guía sobre os contidos de cada materia, o sistema de avaliación, as competencias que poderás adquirir ao cursala, a metodoloxía docente que se vai seguir, etc., deberás consultar as guías docentes.

Tamén estamos nas seguintes redes sociais:

Faite seguidor noso no Facebook e/ou no Twitter e estarás sempre informado do que aquí acontece.

2.2 OS TABOLEIROS

Na facultade podes encontrar taboleiros con diferente información. Presentan a seguinte distribución:

Os Taboleiros
SITUACIÓN INFORMACIÓN
Ao lado da conserxería Horarios de clases e exames
Ao lado das escaleiras Mobilidade - Erasmus
Ao lado das escaleiras Ofertas de emprego, bolsas de prácticas
Soto Cualificacións

2.3 TELEDOCENCIA

As clases presenciais compleméntanse cunha ferramenta de docencia virtual denominada FaiTIC (FaiTIC) a través da cal accedes a información de cada materia (apuntamentos, exercicios, prácticas, cuestionarios, cualificacións, foros,…..). Para entrar por primeira vez tes que pór en usuario e en contrasinal o teu DNI, sen letra, aínda que despois poderás cambiar o contrasinal. É importante que uses esta ferramenta pois é moi útil para estar ao día de cuestións relacionadas ca docencia.

Coñece todos os nosos servizos e instalacións a través desta páxina.

 

3 SERVIZOS NO CAMPUS UNIVERSITARIO

3.1 TARXETA UNIVERSITARIA

Os alumnos da Universidade de Vigo teñen unha tarxeta que os identifica como estudantes, e que será mostrada para acceder a determinados servizos (biblioteca, deportes….). Estas tarxetas fanse en colaboración co Banco Santander, e poden funcionar como simple carné de estudante ou tamén como tarxeta de crédito se se abre unha conta nesta entidade. Para conseguir a túa tarxeta tes que cubrir unha ficha cos teus datos e entregar unha foto nas mesas situadas ao principio de curso no vestíbulo da facultade, ou ben dirixirte á oficina que o Banco Santander ten no campus.

3.2 BIBLIOTECA

A biblioteca está situada no campus, fronte á facultade. Podes acudir para consultar libros ou revistas, estudar ou ler. Tamén podes obter libros en empréstito, para o cal debes ter a tarxeta universitaria.

Por norma xeral, os estudantes de primeiro e segundo ciclo poderán levar ao seu domicilio 3 libros durante 10 días; os estudantes de terceiro ciclo ou os que están a facer un proxecto, poderán dispor de 10 libros durante un mes.

A biblioteca conta coa súa páxina web onde poderás consultar a súa base de datos de libros e revistas (biblioteca), así como acceder a outros recursos dos que dispoñen.

Hai ordenadores na biblioteca para que fagas as consultas. Se queres aprender rapidamente a navegar pola web pregunta ao persoal da biblioteca.

O horario da biblioteca é:

  • Horarios ordinarios (luns a venres) de 8:30 a 21:00 h.
  • Horarios especiais (fins de semana en xuño-xullo 2014) fins de semana desde o sábado 7 de xuño ao domingo 13 de xullo en horario de 8:00 a 22:00 h.
  • Horarios especiais (noites en xuño-xullo 2014) ata as 3:00 h. da madrugada de luns a venres, do 9 de xuño ao 11 de xullo.
  • Horarios reducidos (luns a venres de xullo e agosto) 14-31 de xullo de 8:45 a 20:45 h.; en agosto de 8:45 a 14:20 h.(tardes pechado).

3.3 SERVIZO DE DEPORTES

O campus conta con instalacións deportivas ás que podes acudir. Ademais organízanse cursos, actividades, etc.

O horario é:

  • Luns a venres: 9:00–23:00
  • Sábados: 10:00–14:00 e 16:00-21:00
  • Domingos: 10:00-14:00 e 16:00–20:00

Máis información: Deportes UVigo; Acceso alumnado deportes UVigo

Tlfno: 988 387 198. e-mail: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

3.4 ACTIVIDADES CULTURAIS

O campus de Ourense ofrece un amplo abano de actividades culturais (teatro, obradoiros, coro universitario, deportes, cursos de extensión universitaria, etc.). Para máis información visita a páxina Web da Vicerreitoría do Campus de Ourense: Vicerrectoria do Campus de Ourense

3.5 OUTROS SERVIZOS

Servizo de asesoramento e promoción do/a estudante

Fundación Universidade de Vigo

Portal de emprego da UVigo

Información sobre bolsas

Información académica do estudante

Aprendizaxe de idiomas (Centro de Linguas)

 

 
 
Home > Servizos e instalacións

NOTE! This site uses cookies and similar technologies.This website uses cookies, and third-party to provide a better experience and service.

If you not change browser settings, you agree to it.

I understand