Infraestruturas
 

A FCETOU conta con recursos materiais e servizos adecuados e suficientes para o desenvolvemento das actividades formativas planificadas nos seus títulos. Así mesmo, as instalacións cumpren cos requisitos de accesibilidade que marca a normativa vixente. Regularmente avalíase a accesibilidade dos mesmos para persoas discapacitadas e todos os anos revísanse e eméndanse as posibles incidencias respecto diso en colaboración coa vicerreitoría correspondente e a Unidade Técnica da Universidade de Vigo.

Recursos materiais

Aula

AULAS DE TEORÍA GRANDES

Aulas 1.1, 1.2, 1.3, 2.1, 2.2, 2.3, 2.6
Capacidade: 114, 122, 94, 112, 120, 108 e 100 postos
Aulas de gran capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: clases maxistrais a grandes grupos. Exames e outras probas escritas e orais.

AULAS DE TEORÍA MEDIANAS

Aulas 1.4, 2.4 e 2.5
Capacidade: 68, 66 e 66 postos
Aulas de media capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: clases maxistrais a grandes grupos. Exames e outras probas escritas e orais.

AULAS DE TEORÍA PEQUENAS

Aulas 1.A, 1.B e 1.C
Capacidade: 24 postos
Aulas de pequena capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: clases maxistrais a pequenos grupos. Exames e outras probas escritas e orais.

Seminario

SEMINARIOS

Seminarios 0.1, 0.2, 0.3, 0.4, 0.5, 0.6, 3.1, 4.1 e 5.1
Capacidade: 20, 30, 30, 30, 30, 32, 28, 24 e 20 postos
Aulas de gran capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: clases maxistrais a grandes grupos. Exames e outras probas escritas e orais.

Laboratorio de idiomas

LABORATORIOS DOCENTES

Aulas 1.D e 1.E
Capacidade: 24 postos
Espazos dotados de medios informáticos para estudantado e profesor.
Usos habituais: desenvolvemento dos labores de investigación, lugar de traballo do estudantado vinculado a estes grupos.
Espazo dotado de medios informáticos, software e equipos de investigación, biblioteca.
Materias especialmente vinculadas: Traballos Fin de Grao, Proxectos Fin de Máster e Doutoramento.

LABORATORIOS DE INVESTIGACIÓN

Laboratorios 0.1, 1.1, 1.2 e 1.3
Capacidade: 24 postos
Espazos destinados aos labores de investigación dos distintos grupos de investigación do centro.
Usos habituais: clases teórico-prácticas con uso de software específico. Exames e probas teórico-prácticas.
Postos con computador utilizados por estudantado dedicado á investigación e doutoramento.
Materias especialmente vinculadas: Traballos Fin de Grao, Proxectos Fin de Máster e Doutoramento.

LABORATORIO MULTIMEDIA

Capacidade: 24 postos
Espazos dotados de medios informáticos para estudantado e profesor.
Usos habituais: clases teórico-prácticas con uso de software específico. Exames e probas teórico-prácticas.

LABORATORIO DE LIBRE ACCESO

Capacidade: 38 postos
A facultade conta cunha sala de ordenadores de libre acceso situada no andar 1º, con horario de 9:00 a 21:00. Accédese a través da sala de lectura.
Nela poderás utilizar un ordenador para facer traballos, realizar consultas, etc. Tamén poderás imprimir traballos. Na sala hai un bolseiro ou bolseira responsable do correcto funcionamento dos equipos. Ante calquera dúbida ou problema diríxete ao bolseiro ou bolseira.
As normas de uso da sala e as condicións de impresión podes consultalas na web:
Normas de uso da sala e condicións de impresión

Laboratorio de informática

SALA DE ORDENADORES

Capacidade: 50 postos
Espazos dotados de medios informáticos virtuais para estudantado e profesor.
Usos habituais: clases teórico-prácticas con uso de software específico.

SALA DE LECTURA

No primeiro andar está a sala de lectura, de libre acceso e aberta das 9:00 ás 21:00.

Despachos do PDI
O centro conta con varias alas de despachos de profesorado así como salas de reunión e seminarios. Parte do profesorado comparte docencia e investigación con outros centros. A súa situación e contacto, xunto con a dos responsables de coordinación por cursos, pode consultarse de forma actualizada nos apartados Coordinación e Profesorado da web.

Delegación de estudantes
A delegación de estudantes está situada na planta 0, ao lado do Decanato. Está integrada por estudantes da facultade representantes do alumnado na Xunta de Centro e nas diferentes Comisións de traballo. Encárganse tamén de recoller suxestións dos compañeiros e compañeiras, de recompilar apuntamentos, exames, exercicios, etc., e organizar festas e eventos culturais. Se che apetece colaborar, serás benvido.

Administración

Administración
Os servizos de administración están situados no andar 0. Resolveranche todas as cuestións relativas á matrícula e á xestión do teu expediente. O horario é de 8:30 a 14:30, excepto xullo e agosto que é de 9:00 a 14:00.
Lembrámosche neste punto que se es alumno de nova matriculación e procedes dun Ciclo de Formación Profesional, no momento que entregues o xustificante da matrícula podes solicitar o recoñecemento dos teus estudos, de acordo ao convenio existente entre a Consellería de Educación e a Universidade de Vigo, no que se establecen as materias a recoñecer..

BIBLIOTECA

A biblioteca está situada no campus, fronte á facultade. Podes acudir para consultar libros ou revistas, estudar ou ler. Tamén podes obter libros en empréstito, para o cal debes ter a tarxeta universitaria.

Por norma xeral, os estudantes de primeiro e segundo ciclo poderán levar ao seu domicilio 3 libros durante 10 días; os estudantes de terceiro ciclo ou os que están a facer un proxecto, poderán dispor de 10 libros durante un mes.

A biblioteca conta coa súa páxina web onde poderás consultar a súa base de datos de libros e revistas (biblioteca), así como acceder a outros recursos dos que dispoñen.

Hai ordenadores na biblioteca para que fagas as consultas. Se queres aprender rapidamente a navegar pola web pregunta ao persoal da biblioteca.

O horario da biblioteca é:

Horarios ordinarios (luns a venres) de 8:30 a 21:00 h.
Horarios especiais (fins de semana en xuño-xullo 2014) fins de semana desde o sábado 7 de xuño ao domingo 13 de xullo en horario de 8:00 a 22:00 h.
Horarios especiais (noites en xuño-xullo 2014) ata as 3:00 h. da madrugada de luns a venres, do 9 de xuño ao 11 de xullo.
Horarios reducidos (luns a venres de xullo e agosto) 14-31 de xullo de 8:45 a 20:45 h.; en agosto de 8:45 a 14:20 h.(tardes pechado).

 

 

Servizos xerais

Conexión sen fíos
O edificio da facultade dispón de conexión sen fíos á rede da universidade e, a través dela, a internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola universidade.

Préstamo de computadores
Préstamo de computadores portátiles a profesorado, estudantado e persoal administrativo.

Recursos docentes en rede
Como apoio á actividade docente presencial, a Universidade de Vigo pon a disposición do profesorado a plataforma informática FaiTIC con recursos en liña destinados á teleformación.

Servizo de fotocopiadora
No vestíbulo da facultade hai unha fotocopiadora con sistema prepago. As tarxetas pódense adquirir na biblioteca do campus.

Servizo de cafetaría
A cafetaría está situada no andar 0.
O seu horario é de 8.30 h a 20.30 h e presta servizo de comedor entre as 13.00 h e as 16.00 h.