A ponte que che transportará cara a novas opcións de futuro

Ser internacional significa ampliar horizontes por iso a Hochschule Bremerhaven, Universidade de Ciencias Aplicadas de Alemaña, e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense asinaron un acordo de cooperación inter-institucional segundo o cal os estudantes de Administración e Dirección de Empresas da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense poderán obter dúas titulacións: Bachelor of Arts in Business Administration pola Hochschule Bremerhaven e Graduado/a en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo.

En qué consiste unha dobre titulación?

Trátase dun acordo entre universidades co obxectivo de que os estudantes de ambas institucións, tras un período de intercambio, poidan obter o título académico oficial impartido por ambas institucións. O estudantado terá a oportunidade de vivir unha experiencia internacional imprescindible para unha contorna profesional cada vez máis global.

A quen vai dirixido e cando se solicita?

O estudantado ten que solicitalo mentres está cursando terceiro de ADE na FCETOU, unha vez salga a convocatoria Erasmus+ que é aproximadamente no mes de xaneiro. En caso de renunciar á bolsa a data límite para presentar a solicitude en ambas institucións é o 31 de maio, e o estudantado será notificados a través de cartas de aceptación antes do 1 de xullo.

Cales son os requisitos académicos previos?

Para participar no programa de dobre titulación, o estudantado da Universidade de Vigo deberá de ter superados os tres primeiros cursos do Grao en ADE. En créditos ECTS equivale a un total de 180 créditos. Ademais, o estudantado deberá de ter un nivel adecuado tanto de inglés como de alemán. Ambas institucións facilitarán que o estudantado acade os niveis requiridos a través de clases de apoio antes e durante o intercambio.

Cales son os criterios de selección?

O estudantado será seleccionados e admitido no programa de dobre titulación en base aos seus resultados académicos, a súa motivación e as súas destrezas lingüísticas. Este proceso de selección levarase a cabo en colaboración entre as dúas institucións.

Cal é o idioma empregado nas distintas materias?

As materias para o estudantado da dobre titulación serán impartidas en inglés.

Cales son os meus dereitos e obrigacións?

  • O período de estudo a tempo completo non deberá de exceder de dous semestres (1 ano)
  • A Hochschule Bremerhaven prestará asistencia na procura de aloxamento, e axudará aos estudantes para que se integren na vida social e cultural da mesma
  • Os estudantes da dobre titulación estarán suxeitos ás normas e regulamentos da Hochschule Bremerhaven, e terán os mesmos dereitos e privilexios dos que gozan os demais estudantes matriculados na mesma
  • Os estudantes poderán levar a cabo prácticas dentro do período de intercambio do estudo
  • Os estudantes poderán participar en programas de intercambio para e durante a súa estancia na Hochschule Bremerhaven
  • Os estudantes terán dereito a participar en calquera programa de introdución deseñado para estudantes estranxeiros
  • Os gastos da matrícula dos estudantes serán abonados na FCETOU, pagando únicamente na Hochschule Bremerhaven as taxas administrativas
  • Ao final do período de estudo a Hochschule Bremerhaven emitirá unha certificación académica na que consten os cursos realizados con éxito

Que deberán de incluír as solicitudes?

Os estudantes deberán de incluír unha copia do seguro de saúde que abarque o período de estadía na Hochschule Bremerhaven, o pasaporte ou DNI, un escrito da universidade de orixe no que se indique ser seleccionado para este programa, o currículum vitae, un certificado de cualificacións no que consten os cursos e as notas e o formulario de solicitude para levar a cabo a dobre titulación entre a FCETOU e a HS-Bremerhaven debidamente asinado e selado pola Universidade de Vigo.

Con quen debo de contactar en caso de dúbidas?

En caso de dúbidas, as persoas responsables tanto dos aspectos académicos como de coordinación do programa de dobre titulación internacional son:

Elena De Prada Creo
Vicedecana de Relacións Internacionais

Campus As Lagoas s/n
32004 Ourense
+34 988 368 726
edeprada@uvigo.es

Gerhard M. Feldmeier
Konrektor – Vicerrector en la Hochschule Bremerhaven

An der Karlstadt 8
27568 Bremerhaven – Germany
00 49 471 4823 137
gfeldmeier@hs-bremerhaven.de