O Plan de Acción Titorial supón que cada estudante ten un/ha titor/a que o orientará ao longo de toda a súa carreira. Ao principio axudándolle na transición do bacharelato á vida universitaria. Posteriormente orientándoo para obter o maior froito dos seus estudos e finalmente orientándoo para a súa incorporación á vida profesional.

Este plan consta dunha serie de pasos

  1. Cada titor/a ten que convocar aos seus tutelados a unha reunión onde lle explicará como vai organizar a súa actividade tutelar. Esa reunión ten que reflectirse nun “acta” segundo o modelo do Anexo II (ver Formulario).
  2. A continuación, deberanse realizar reunións con cada estudante e farase o correspondente seguimento, co mesmo formulario do Anexo II.
  3. A final de curso terase que realizar unha avaliación do PAT.

Guías do PAT

PAT: Pequena Guía (obxectivos PAT e funcións titores)
PAT: Documento guía completo

Formulario
Para cumprimentar o Anexo II accede á seguinte ligazón: Anexo II PAT. Ao finalizar, dalle click ao botón Enviar e o formulario será enviado ao decanato.

Estudantado asignado a titores/as
Proximamente

 

Coordinación do PAT

Xxxxx Xxxxx Xxxxx
+34 988 368 XXX
xxxxxx@uvigo.es