Aviso sobre os desprazamentos ao concello de Ourense por mor da nova restricción de mobilidade

Estimado alumnado

Poñemonos en contacto con vos, trala comunicación onte por parte da Xunta de Galicia, de proceder á restricción de mobilidade da localidade de Ourense, https://www.xunta.gal.

Ante as dúbidas xurdidas ao longo da mañá, e unha vez realizadas as consultas oportunas, o decanato recomenda que para os desprazamentos ao concello de Ourense autorizados pola Xunta de Galicia por cuestión académicas, o alumnado que resida fora do concello de Ourense viaxe coa tarxeta universitaria, onde figura que é alumno/a da Universidade de Vigo e tamén una copia da súa matricula, que podese descargar de Secretaria virtual.

Polo de agora non é preciso ningún tipo de xustificante ou certificación adicional. En calquera caso, en canto teñamos alguna novidade, os informaremos debidamente.

Un saúdo atento

O Decanato