O Parlamento galego achégase ao alumnado de Ciencias Empresariais e Turismo

Como xa é tradición nos últimos anos, o campus de Ourense acolleu este martes unha charla-coloquio titulada O Parlamento de Galicia que tivo como obxectivo dar a coñecer o traballo que se desenvolve nesta institución e ao mesmo tempo fomentar os valores democráticos. Para facelo, participaron na actividade, que nesta ocasión tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, tres ex-parlamentarios de diferentes formacións políticas, como son Pablo López Vidal, do PSdeG-PSOE; Daniel Barata, do PP, e Tereixa Paz, do BNG. Ao longo da sesión, que estivo organizada polo Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as, explicouse as funcións desta cámara, a súa composición e órganos e cada un das e dos participantes falou da súa experiencia parlamentaria, pondo en valor a importancia desta institución representativa do pobo galego no marco democrático e o traballo que nela se realiza día a día de servizo á cidadanía.

Ler a noticia completa no DUVI